sábado, 27 de diciembre de 2008
O periodico dorneiro.
Tendes tódalas edisión publicadas dende o 2003 na web ofisial da Cofradía da Dorna: www.cofradidadadorna.com ou tamén www.festadadorna.com no apartado de "outras actividades"
Producto dorneiro ó 100%.
NOTA: Xa que chejaches ata aquí non te esquesas de votar para que a Festa da Dorna sexa unha das sete mellores festas de España: www.7mejores.es
lunes, 22 de diciembre de 2008
As 7 mellores festas de España
Dende a web www.7mejores.es estase a celebrar unha votación virtual para decidir cales son as 7 mellores festas de España.
Como non podía faltar a nosa Festa da Dorna está metida por ahí en:
http://www.7mejores.es/component/option,com_7mejores/id,476/task,nomination_view/
Así que, xa sabes dorneiro, achégate por esa web e deixa o teu voto para unha das sete mellores festas de España.
jueves, 11 de diciembre de 2008
PONTE A ANDAR - Peche do ciclo 2008
organizado entre a Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.
Esta vez tomaremos a saida dende o porto de Palmeira ó pé da estatua do emigrante, e logo de facer un "quecemento" polas ruas de Palmeira, enfilaremos pola Corna, rumbo a praia da Illa e logo a Cabio. Ida e
volta polo mesmo camiño. Perfectamente asumible para os novatos, cun percorrido casi todo plano.
A distancia está na liña das anteriores, uns 11 km., e calculámoslle unhas 2 horas de marcha.
Coma de costumbre prégase puntualidade na saida, e no suposto de que o día esté desapacible que saibades que alí estarán os monitores da Cofradía á hora indicada. A priori, nin se suspende, nin se aplaza.
Para que ninguén teña dúbidas de si haberá alí xente ou non para tomar a saida.
Lémbrase que non fan falla inscripcións, nin abonar cuota algunha; simplemente levar roupa cómoda (e de abrigo de se-lo caso), e calzado apropiado para este tipo de actividade. A organización disporá de auga e algunha vianda ó remate da andaina para repoñer forzas.
jueves, 20 de noviembre de 2008
A Dorna 2003 en fotos
Dende hoxe tedes colgada nas fotos dorneiras a galería adicada á Festa da Dorna do ano 2003, LV Singladura. Alí podedes atopar os mellores momentos da festa, capturados en fotografías que nos cederon varios dorneiros.
Si tedes algunha foto e queres colaborar con esta iniciativa, podes enviarnola a noticias_dorneiras@hotmail.com, por favor, clasificada polo ano. Ademáis como nestas fotos sae moita xente, si alguén se considera ofendido por aparecer nunha foto dorneira non ten máis que solicitar a súa retirada alegando un motivo, para iso debes enviar un email indicando a foto (galería e número) ó mesmo enderezo de email.
martes, 18 de noviembre de 2008
Asamblea Ordinaria
O primeiro tema da orde do día foi a presentación dos presupostos do ano 2008 os cales foron aprobados. O segundo tema da orde do dia foi a presentación dos presupostos e das actividades a levar a cabo no ano 2009.
Presentáronse as seguintes actividades:
- Adquisición dunha nova vela para a embarcación: "Virxe do Carme".
- Amaño da vela da embarcación: "Jalerna".
- Posta en marcha no ano 2009 da Escola de Vela da R. e .I Cofradía da Dorna con clases os sabados pola tarde impartidas polos patróns da Cofradía.
- Remodelacion e amaño do local que unha veciña lle cede gratuitamente a Cofradía.
- Posta en marcha do "Plan de Asalto a Muros" co gallo da celebración en Xullo do 2009 dos 9º encontros de embarcacions tradicionais que se van a celebrar nesta cidade.
- Organización da LXI Singladura da Festa da Dorna.
domingo, 16 de noviembre de 2008
Fotos e Video da Andaina de Corrubedo
Tamén accesible dende Youtube no enderezo: http://es.youtube.com/watch?v=o_p5o4THpc4
E as fotos están na galería da Cofradía da Dorna: http://picasaweb.google.es/noticiasdorneiras
E para tod@s aqueles que non participaron na andaina e se vos puxeron os dentes largos, xa sabedes a vindeira será o 14 de decembro con saida do porto de Palmeira.
miércoles, 12 de noviembre de 2008
Loteria Dorneira
lunes, 10 de noviembre de 2008
Ponte a Andar - 2ª Andaina
A ruta nesta ocasión é un pouco mais curta que a anterior, e serán uns 8 km., pero que se verán compensados porque o recorrido ten un trazado mais abrupto pese a discorrer por terreo chan prácticamente dende o principio ata o final.
Sairemos do porto de Corrubedo e marcheremos pola praia do Prado costeando hacia a zona dos coidos, de alí ó faro, e logo pola ruta do GR-52 ata a aldea de Teira para voltar a entrar en Corrubedo pola rúa das Delicias. En total, e dependendo do ritmo dos participantes non deberíamos sobrepasar moito das dúas horas os mais rezagados.
Coma na vez anterior non fai falla inscripción, pero sí puntualidade. O punto de encontro exacto será diante da casa do mar de Corrubedo, no porto.
Recoméndase traer calzado e roupa cómoda, e no caso de que chovera un chuvasqueiro ou paraugas. Tamén é aconsellable que os nenos esta vez non veñan pois nalgúns tramos pode resultarlle complicado sobrepasalos.
A Cofradía disporá de catro monitores que coidarán pola seguridade dos participantes, así coma de que ninguén se extravie á vez que disfrute do percorrido.
E por último, outra recomendación: ¡non vos esquezades da cámara de fotos! o sitio paga a pena.
viernes, 10 de octubre de 2008
Ponte a andar
Consiste en un ciclo de tres andainas (de momento, programarase trimestre a trimestre en función da resposta dos participantes): unha en outubro, outra en novembro e por último outra en nadal.
As particularidades deste ciclo de andainas son:
- Vanse celebrar os domingos pola mañán.
- O horario de saida é común a todas elas 10.00 h. e chegada aprox. ás 13.00 h.
- A inscripción é gratuita e libre, e dicir, o que queira ir aparece alí á hora de saida e punto, sen mais trámites.
- As distancias e os percorridos neste primeiro ciclo queremos que sexan asumibles para tod@s, tanto os iniciados coma os que queren iniciarse (entre 10 e 12 km.)
- Están dirixidas a tódolos públicos, e non se precisa unha forma física excepcional, simplemente ganas de camiñar, coñecer sitios, e facer piña con nova xente ca que compartir afición.
- Fomentar unha actividade deportiva ó alcance de todos: entretenida, divertida e saludable
- Crear un grupo co que mais adiante poder programar outro tipo de andainas ou actividades
- Amosa-lo compromiso da Cofradía da Dorna ca vida social, cultural e deportiva do Concello, mais alá dos actos da Festa da Dorna.
Ainda que a incripción é libre, agradeceriase que se comunicara a participación nos teléfonos ou mails que se indican para facilitar a organización.
domingo, 5 de octubre de 2008
Quedamos nas mesmas
Na seguinte.....
Avante!!!!! que nós non nos cansamos.
martes, 30 de septiembre de 2008
A Festa da Dorna en Bricomanía!!!!
Non vos esquecer de comprar unha cinta para grabalo e romperlle despois a patilla para telo sempre.
sábado, 27 de septiembre de 2008
Día da Dorna Festivo Local a Pleno
Opina sobre este tema no forodorneiro.
sábado, 13 de septiembre de 2008
Camisetas Dorneiras de novo á venta
Cor branca ----------- Traseira ------------------------------------ Dianteira
Podes encargar a túa camiseta en:
- Golosinas Dor (Praza do Concello) so Venres pola tarde e Sabados pola mañán preguntar por Carlos.
- noticias_dorneiras@hotmail.com indicando nombre e talla si queres recollela en Dor ou tamén o enderezo se qués que cha enviemos.
sábado, 6 de septiembre de 2008
Gracias a todos sin vós non sería posible!!!
Dende a R. e I. Cofradía da Dorna queremos expresar o noso agradecemento a todo aquel que colaborou con nós para poder sacar adiante a LX Singladura da Festa da Dorna e esperamos seguir contando con todos vós para vindeiras singladuras.
Así que moitas gracias:
A todas as entidades públicas:
Concello de Riveira
Cruz Vermella do Mar
Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira
Policía Local de Riveira
Cáritas Parroquial
A todos os establecimentos comerciais:
Dulces A Maricola, Cadena Cien, Cosmos, Ladrillo Rojo Barbanza, E.S. Shell Riveira, Hostal Colón, Hostal Ancora, Dor Golosinas, A Ruliña, JMP electricidad, Isema electricidad, Hijos de Adelino Paz, Portoferr, Costa Arousa, Joypa, Clínica Dental Iván Vázquez.
A tódalas fanequeiras (ordenadas por zonas para que sepades atopalas):
Palmeira: Bar Miramar(palmeira).
Praia Coroso: O Paseo, Club Las Suecas.
Parque García Bayón: Luarada , Bar Barela , Restaurante Parque , Restaurante Airoa , Bombón Cafe, Castelao , A Galeguiña, Doble S .
Avenida do Malecón: A Fiestra, Restaurante Dorna, Bar O Pedrouso, Bar Bahía , O Bocatazo, O Franco, Bulebar, Galeón , Vifer, Bar La Parra, Arribó-kebab, Albatros , Peirao, A Cuba.
Zona das Abesadas: Samba , Os Xugos, Kukúa.
Zona centro: Rincón de Basela, Flip, Pepe's Pub.
Zona da Igrexa: O Tear, Aturuxo, Na'skina.
Zona Praza de Vigo: Ventos Vellos, Esmorga, O Balado, Penín, Faro de Alejandría, Morrison, Blue Shell, O Malecón, A Caverna.
Zona Praza de Pontevedra: O Atallo, Triskel, Capitán Morgan, Bar Plaza, Bar Mercante, Bonaparte.
Zona Bandourío: O Rizón, Tasca do Barbanza, Cervecería de Malta, A Caseira, Aloha, O Cruceiro, Cocoluche, Maruxía, Orballo, Destrangis, Bar Travesía, Brétema, Idolos, Dominium, Desván.
Castiñeiras: Bar da Praia.
Á asamblea de peñas por organizar e colaborar no que sexa necesario e a tódolos peñeiros que sempre están dispostos a botar unha man.
martes, 29 de julio de 2008
NO, no nos podrán parar...
No pleno de onte quedamos para a "reválida" de setembro. Vese que a lección sobre o "parto natural" interesaba mais ó pleno que sacar adiante a orde do día.
A directiva da R. e I. Cofradía da Dorna acudeu casi ó completo ó pleno, haberá que voltar en setembro. Levamos 60 anos esperando ver o día da Dorna coma festivo local, e iso non o vamos a perder.
POSTDATA: Identificámonos á entrada a dous axentes da policía local, no salón había outro, e pese a chegar en silencio, tomar asiento, e atender educadamente ás leccións sobre parto natural que algunhas concellalas afanábanse en impartirnos, levantaron ó xefe da policia da cama e fixéronno ir para alí, acompañado dun "nacional" (en total 5 axentes de policia). Por quén nos toman? O "asunto" dorneiro foi a pleno en varias veces -por uns motivos ou outros- e coido que o comportamento dos membros da cofradía sempre foi correcto: era necesario o "despliegue"?
lunes, 28 de julio de 2008
Festa da dorna en pleno.
Prácenos convidar a tod@s os dorneiros e cidadáns de Riveira a que acudan ó salón de actos da Casa do Concello para oi-las argumentacións dos nosos políticos a favor ou en contra desta iniciativa que dende fai décadas vimos reclamando dende a Cofradía da Dorna e á que cada vez mais súmanse outras institucións e cidadáns en particular.
Queremos citar coma exemplo de apoio (e sobre todo visión de futuro, tal vez por eso sexa a primeira empresa de Ribeira e unha das primeras de Galicia) a Frigoríficos del Noroeste, S.A. (FRINSA) que acordou cos traballadores pecha-la factoría o día da Dorna. NORABOA pola iniciativa, esperamos que sexan moitos mais os que vos sigan.
jueves, 24 de julio de 2008
Primeiros video dorneiros 2008
- A fanequeira móvil de Atuna Nejra:
- As Caracolas en Sirolas e o seu Alicótero para o Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor:
- Os de Muxo Beti e as súas selebrasións dos campións da Eurocopa que fixeron para a Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Prupulsión a Pan de Millo:
- O desfile da Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Prupulsión a Pan de Millo:
E tamén tedes unha boa colessión de fotodorneiras desta sinjladura no noso álbum:
http://picasaweb.google.es/noticiasdorneiras/Dorna2008
miércoles, 16 de julio de 2008
O Pojrama
Camisetas Reivindicativas do Festivo Local
Xa se empezan a ver polas ruas da centenaria!!!!!!
miércoles, 9 de julio de 2008
Fotos da Carreira do Corgo
Entre as galerías de fotos Dorneiras xa tedes as fotos da carreira do Corgo da que como e ben sabido a R. e I. Cofradía da Dorna foi organizadora xunto co Concello e a asociación Pau da Luz.
Así que xa podedes botar unha ollada e así animadesvos para a próxima.
Mecheros Dorneiros
Desde fai uns días circulan por riveira os Mecheros Dorneiros conmemorativos da LX Singladura da Festa da Dorna. Están valorados en 1 euro e podedesllos pedir ó Presidente ou a calquera membro da directiva actual da R. e I. Cofradía da Dorna.
Recordade que este proximo sabado 12 de Xullo do 2008 terá lugar no Auditorio Municipal (antes Casa da cultura) ou nas escaleiras do mesmo a 4ª Asamblea de peñas dorneiras.
viernes, 27 de junio de 2008
300 novas fotos dorneiras na rede
Nestas fotos o principal e ver que a Festa da Dorna daquela era grande e sigue crecendo ao grito:
AVANTE SARDIÑEIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
lunes, 23 de junio de 2008
3ª Asamblea de peñas dorneiras
Como xogo impotante que precisa colaboración esta as Carrilanas, así que si vos interesa festa colaborade e apuntadevos como peña á organización das carrilanas que fai falta xente. En canto a este tema expuxeronse unhas medidas de control para mellorar a seguridade, tratase de puntos de control con "Walky talkis" xa entendedes, para parar a proba momentaneamente cando algún/algunha energumen@ se meta na calzada hasta que se aparte do transito tal ser. Así q colaborade coa organización e quedadevos nas aceras q para eso están!!!!
Outro tema foi a Cansión de Tasca a cal vai seguir igual, só se debateu de q facer coa final a cal parece estar perdendo adeptos, propuxeronse varias opcións pero quedou pendente da opinion da peña organizadora os xa míticos Tabeirons Carallud@s, así quedou emplazada a solución para a próxima asamblea (esta semana).
E por ultimo tratouse o controvertido tema da auga e tras un bo rato falando do tema acordouse que a auga non está permitida e que dende a Cofradía, ratificado pola Asamblea de peñas, animase a todolos peñeiros a non pedi-la e os nosos veciños que non a boten pois non está permitido polo concello e pode ser motivo de multa.
Estades avisados!!!
Tamen se falou de incidentes pasados, e como todos queremos que esta festa non sexa un fonte de conflictos as peñas que causen problemas, destrozos, peleas e demais catastrofes corren o riesgo de ser expulsadas da festa e de todolas suas actividades.
Así q portadevos ben que todos queremos disfrutar a festa!!!
jueves, 19 de junio de 2008
Sudadeiras Dorneiras 2008
Non o pensedes máis e comprade a Sudadeira Dorneira!!!!
miércoles, 11 de junio de 2008
A Carreira do Corgo
Así que xa sabedes o domingo á mañanciña todos apoiando e participando na carreira do Corgo.
viernes, 6 de junio de 2008
Foro Dorneiro
Tedes o enlace na marxe dereita.
Nota de Interese:
Por favor respetade os temas dos foros e non fagades mal uso deles. Cousas como enlaces a descargas ilegais, pornografía, comentarios racistas están totalmente prohibidas. Será eliminado calquer cometario que non cumpla coas especificacións do foro.
Primeiras Galerías de Fotos Dorneiras
Nota de interese:
Si alguén que aparece nas fotos non quere que estén colgadas so ten que enviar un email a: noticias_dorneiras@hotmail.com indicando o motivo, a galería na que se atopa a foto e o nome da mesma. Tamén podedes enviar as vosas fotos organizadas por anos en archivos comprimidos.
Todalas fotos foron doadas por diversos dorneiros interesados en colaborar con esta iniciativa e transmitir un reflexo do que foi a festa, do que é, e o que queda...
miércoles, 4 de junio de 2008
Próxima Asamblea de Peñas Dorneiras
Rock and Dorna
Xa queda menos. AVANTE SARDIÑEIRO!!!!
miércoles, 21 de mayo de 2008
2ª ASAMBLEA de PEÑAS DORNEIRAS
Os principias e mais importantes puntos da orde do dia foron a elección dos debuxos que van servir como cartel e como deseño da sudadeira dorneira para esta LX sinjladura da Festa da Dorna. Os dous deseños escollidos son do prolífico e dorneirisimo artista local Xavi Seco que xa nos deleitou cos seus deseños nos carteis dos anos 2004, 2005 e 2006 entre outros así como tamen nas sudadeiras de outros moitos anos.
Outra das novidades da asamblea foi a presentacion do censo de peñas dorneiras que polo de pronto solo esta dispoñible en formato Pba (papel, bolijrafo e archivador) pero esperemos que antes da Festa esté dispoñible tamén no blog.
Para os sosios da Cofradia e todos aqueles que ainda están a punto de poder convertirse en colaboradores que sepades que dende a directiva e a propia asociación estamos facendo un esforzo para poder premiarvos cun agasallo especial pola vosa contribución anual a facer cada ano que esta asociación vaia a mais e tamén que a Festa da Dorna sexa unha das mellores do mundo mundial e de aljo mais alá (non confundir con alá o de mahoma o dos collóns de joma, a ver si se nos vai a inmolar aljen no blog). Este regaliño poderase recoller na entrada do Jran Juateque Dorneiro o Venres 18 de Xullo, e para todas aquelas persoas que non poidan asistir ó juateque tamén habilitaremos un anaco de Chirinjito Dorneiro durante os Xogos Populares Version Terra o sabado 18 no Coroso Arena.
Un saudo dorneiro.... que xa queda menos..... AVANTE SARDIÑEIRO!!!!!
miércoles, 14 de mayo de 2008
1ª ASAMBLEA DE PEÑAS 2008
Outro punto importante foi a creasión de un censo dorneiro para ter os datos de contacto de todas as peñas e asi faser mais fasil a localizacion e as relasions con todos os patrons cando sexa necesario, asi que xa sabedes, se sodes parte da cabesa pensante de aljunha peña ide mandado os vosos datos (nome da peña, cor de camiseta, cor de pañoleta, nome da fanequeira, o voso nome e teléfono de contacto) a sociosdorna@hotmail.com ou a dorneiro@hotmail.com
miércoles, 7 de mayo de 2008
Faite socio da R. e I. Cofradía da Dorna
A R. e I. Cofradía da Dorna ademais orjanisar a festa da dorna leva a cabo durante o ano outro tipo de actividades e como asosiasion cultural precisa de sosios (e ahí donde entrades vos...) por solo 10
Podedes coller as papeletas para apuntarvos en “Door” (o das chucherias, nos soportais da praza do concello) e nos bares “A Caverna” e “Triskel”. Si vos vai mais o rollo sibernetico podedes enviarnos un mail co voso: nome e apellidos, DNI e voso numero de conta os 20 digitos, tamen é interesante o nome da peña da sodes membros. Poñede no asunto: Facerme Socio. ¨Podedelo enviar os mails: penhasdorna@hotmail.com ou a dorneiro@gmail.com
AVISO: Os que xa sodes sosios que sepades que a finais do mes de Maio vaise proceder ó cobro da cota anual nas vosas contas, asi que mirade de non telas en numeros vermellos, que sodes moi listos….
lunes, 14 de abril de 2008
Nova directiva Dorneira, a Dorna non para.
A Cofradia moveuse durante todo o ano para estar presente en todalas actividades festivas da nosa marabillosa cidade centenaria. Fixose o xa tradicional: La Vos de Jalisia, o xornal como é habitual saíu sin falta o 28 de Decembro con moi boa acollida por algúns, mentras outros están fastidiados por sair nel.
Durante este ano tamén houbo representación dorneira na Cabalgata de Reis coa xente ataviada có gorro dorneiro e camiseta de marinerito estilo parrochiñas.
En carnavais non iba a ser menos estivo presente a cofradía cunha murga. Incluso na festa da chuvia houbo dorneiras colaborando. A dorna non para.
Así empezou todo
Era o 24 de Xullo de 1948, xa fai tempo, ese día fisoxe a botadura da replica dunha Dorna e esa misma noite celebrouse un baile de gala na honra de tal acontecemento. Esta foi a idea dun grupo de amigos de ribeira e nese momento naceu a nosa festa. Unha festa que 60 anos despois sigue adiante ó grito: "avante sardiñeiro". Consultar: orixen da festa . Aquí tedes os vixionarios.