miércoles, 16 de marzo de 2011

Inauguración do novo local da R. e I. Cofradía da Dorna

O viendeiro Sabado 19 de Marzo de 2011 ás 13:00 terá lugar a Inauguración do novo local da R. e I. Cofradía da Dorna, sito nos baixos do Palco de Pedra, no malecón Ribeirense. Este local pasará a ser a nova sede da A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

viernes, 11 de marzo de 2011

Fotos dorneiras 2010

    Agora que xa estamos na conta a tras para a Festa da Dorna 2011, pois xa quedan menos catro meses, saen á luz as fotos dorneiras que durante a pasada edición estivo a sacar o noso fotografo dorneiro Alberto Besada (tamén fai bodas bautizos e comunions). No 2010 a Dorna celebrouse en tres fins de semana consecutivos, no primeiro o Venres tivemos de mañán o Facho Dorneiro, actividade organizada esta vez polos Serráns Mais Marráns que se está a converter no punto de partida da Festa dende hai xá tres singladuras; pola tarde celebrouse o Enjalanamento de Fanequeiras, como ven sendo habitual organizan ratos da Illa e Muxo Beti, e mais un certame de bailes multiculturais a cargo da escola O Tomassón; xa pola noite tivo lugar o Juateke dorneiro que se alargou ata sair o sol e no que tivemos o DJ Rics, membro da histórica peña Os Cabuxos do Mar. O sabado celebraronse os xogos de terra e pola noite o Certame Itinerante de Canción de Tasca, organizado como ven sendo habitual polos Tabeiróns Caralludos, na final houbo 5 peñas as gañadoras de cada un dos percorridos, trala canción amenizaron a noite a charanga o Santiaguiño.




 
 O domingo tivo lugar O Jran Prix de Carrilanas, inusualmente puntual organizado esta vez por Arría o Jallo, como ven sendo habitual os vólidos feitos a machada e con eixos e rodas de madeira descenderon a costa da mamoa ata a praza do concello donde os agardaba o Rock in Muxo, os Muxo Beti levaron a dous ou tres grupos os cales deron un concerto dende a terraza do Pepe's Pub ao mais puro estilo beatle, a continuacion celebrouse o TabeiroKaraoke que co motivo do seu vinte aniversario organizaron os tabeirons caralludos na praza de Compostela diante da súa fanequeira Bar Plaza.




Despois destes días de troula descansouse ata o mércores cando voltou a subir a marea dorneira co Rockandorna do País, organizado por Marea Nejra e celebrado no Parque García Bayón, contando con 5 grupos locais dispostos a dar o callo pola festa, con estilos tan variados como punk, rock e hip-hop , ademáis celebrouse unha churrascada popular. Á par que todo isto celebrouse o Maratasón dorneiro, organizado polos Carallos de Rei, donde os dorneiros mais rápidos e con mens escrúpulos realizan as máis inverosímiles probas a unha ritmo de infarto.
 


 




















O Venres23 de Xullo este ano adicado a Carlos Bloque (dorneiro Histórico e un dos fundadores da dorna actual) iniciouse a xornada cos Xogos de Mar  e ao seu remate  tivo lugar a Jran Premio Icaro de Voo sen motor donde se admite calquer disfraz ou aparellos voador sempre que vaia alguén o auga. Xa pola noite celobrouse o tradicional exame de patróns donde o cada peña entregou o seu pertinente soborno e enviou o seu futuro patrón a pasar o exame mais singular sentado nunha silla electrica, tras-lo exame a marea dorneira conta con 8 novas peñas oficiais. Tralo examen seguindo tivo lugar o concerto do grupo Riff-Raff dentro do Rockandorna. O Final da noite foi amenizado polas charangas A Tuna Nejra (tamén son peña dorneira) e os Kilomberos de Monte Alto que contabamos con eles o día seguinte pero se animaron a vir un día antes.






O Sabado 24 de Xullo gran día da Dorna  iniciouse o día como é tradición coa Rejata de embarcacións feitas a machada e propulsadas a pan de millo, que se concentraron na avda do Malecón e percorreron o camiño ata a praia de coroso cun colorido desfile amenizado pola charanga Os Jalochos (formada por compoñentes de múltiples peñas dorneiras), unha vez celebrada a Rejata, organizada polos Persebes coma punhos, celebrouse a romería dorneira co tradicional reparto gratuito de empanadas e pizzas repartidas como sempre polos Ratos da Illa. Durante a romería tivo lugar unha nova sesión de xogos de terra, a semifinal e final do maratasón, e como non podía ser de outra forma o Campionato Mundial de Chinchimonei, organizado por Cajaboi Island. Chegando á hora da merende tivo lugar o Concurso de Ji-Jo coas esperadas peleas de Jalos, organizan Cabuxos do Mar e Derape Mental entre outras, a todo correr realizouse a entrega de trofeos e fomos todos a fume de carozo para o parque de pedra pateira á espera do TOP SECRET. Todolas peñas que se precien participaron nun colorido desfile polas rúas da cidade centenaria cantando o que se lles ocorrera ou seguindo o ritmo das charangas Os Jalochos e os Kilomberos de MonteAlto. Cando o TOP SECRET chegou de volta ao palco de pedra do malecon inciouse o Rockandorna fin de Festa no que participaron os grupos Kastoma e Los Coronas, e ao que axistiron miles de dorneiros e outra tanta xente que non quixo perder este evento.Como colofon da festa houbo unha pequena sexión de fogos de artificio á par que un grupo de músicos ribeirenses subiron a tocar o imno da Dorna. Tras interpretalo varias veces  chegouse ao asalto ás fanequieras amenizado pola charanga Os kilomberos de MonteAlto.








Esto foi a Festa da Dorna, mais como non se poden perder as tradicións e isto iniciose cun baile de gala, o sabado 31 de Xullo celebramos o Baile de Gala dorneiro, o cal e de gala de verdade e non se permite o acceso ao baile si non se leva a indumentaria adecuada. Este ano o Baile tivo lugar no Liceo Maritimo de Riveira e foi amenizado polo Dúo Yesterdey. Durante o Baile fixose entrega das distincións dorneiras que este ano tiveron como agraciados pola súa colaboración coa festa ao longo de moitisimos anos e que perdura hoxe en día á peña Tabeiróns Caralludos (por primeira vez se premiou a unha peña) e a Manuel Leira membro fundador dos Ratos da Illa. O máximo distintivo dorneiro, A Poutada de Ouro foi este ano para Juan Carlos Iglesias, máis coñecido como Carlos Bloque membro da peña Cajaboi Island e histórico dorneiro, recolleu o galardon a súa filla.