sábado, 17 de agosto de 2013

Remata a LXV Singladura da Festa da Dorna


O pasado Sábado 10 de Agosto de 2013 celebrouse a xornada da Festa da Dorna aplazada con ánimo de respetar o luto oficial decretado pola Xunta de Galicia por mor do tráxico accidente ferroviario acontecido en Santiago. Esta xornada contou co retorno á Festa da Dorna da Regata de Dornas a Remo que inicialmente cada peña tiña que levar a súa dorna e finalmente tornou en mangas cronometradas de ida e volta con virada en boia, pese o grande día de praia contou coa participación de seis peñas dorneiras. Os gañadores foron Arría o Jallo cun tempo de 4:45 superando en 2 segundos a Estudias traballas ou colles navallas, seguidos do combo mixto que fixeron Carallos de Rei e Sija la Raia con 6:28, Berberechos Asasino con mais de 7 minutos e Os Rapantes con mais de 11minutos, Os Rapes estaban presentes pero decidiron non participar no último momento. Todas as peñas remaron coa dorna Jalerna pertenecente á R. e I. Cofradía da Dorna.

Pola noite tivo lugar o Baile de Gala da Festa da Dorna, este ano amenizado polos ribeirenses Dúo La Noria e celebrado no Circulo Mercantil de Ribeira, alí como é tradición fixose entrega da "flor natural da Festa da Dorna" a todolos asistentes ou ata donde se chegou debido á gran afluencia de dorneiros/as de Gala que asistiron ao baile superando con creces as expectativas que tiña a Cofradía e demostrando que é unha actividade en alza dentro da Festa da Dorna. As flores foron realizadas pola peña Sija la Raia e houbo colaboración na porta, das peñas Arría o Jallo e Os pintos Joden quintos, ademáis de diversos dorneiros a título persoal. A R. e I. Cofradía da Dorna quere agradecer que a inmensa maioría da xente colaborase co Baile é asistise de Gala, co cal evitaronse numerosos conflictos na porta e axudando así á exitosa celebradicón do Baile da Dorna.
O momento cumbre do Baile foi o anuncio do máximo distintivo da Festa da Dorna, que foi otorgado a unha dorneira que levata toda unha vida colaborando coa Festa da Dorna e coa R. e I. Cofradía da Dorna, formando parte durante numerosos anos dos equipos directivos, organizando xogos dende o inicio das peñas e continúa facendoo hoxe en día e sobre todo por ese traballo na sombra que pouca xente ve pero que é imprescindible para que todo esto siga adiante, Modesta López da peña Cajaboy Island Poutada de Ouro 2013.
Por outro lado houbo un recoñecimento para un dorneiro histórico que leva moitos anos traballando pola Festa da Dorna, aconsellando nas contratacións e resolvendo problemas dende a sombra, ademáis nos últimos anos fixose cargo de organizar coa súa peña o Rockandorna do País, por todo isto Diego Lou da peña Marea Nejra é Dorneiro Ilustre no ano 2013.
Por último tamén se deu un recoñecimento a unha peña que leva entorno 20 anos formando parte da Festa da Dorna, colaborando dende entonces na organización de xogos, e participando en todas as actividades da Festa e tamén nas que que organiza a Cofradía durante o ano, hoxe en día e por moito tempo continúan a ser unha peña activa na Festa da Dorna e manteñen os seus xogos: Carreira de Sacos e Carreira de Carretillas, por todo isto As Pescadillas con Ladillas son Peña Ilustre no ano 2013.

Con isto rematou oficialmente a LXV Singladura da Festa da Dorna e comenzan os preparativos da LXVI Singladura.


Atentos dorneir@s próxima actividade confirmada da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna, Cea-Baile Benéfica da R. e I. Cofradía da Dorna o Sábado 9 de Novembro
Ide reservando a data!!!!!!!